Rodríguez salienta a boa resposta das librarías ante o Bono Cultura

Preto de 300 son os locais onde se poden desfrutar os descontos do 50 % Galicia
Bono Cultura
Redacción ECG
Román Rodríguez. Foto: ECG

Santiago. O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, salientou este xoves a contribución que as librerías están a ter á hora de reactivar progresivamente o sector cultural achegando desde os seus establecementos a literatura ao gran público.

Con motivo do Día das Librarías, que se conmemorou, o titular de Cultura da Xunta visitou en Lugo Soños de Papel, un dos establecementos adheridos ao Bono Cultura, a iniciativa de descontos en produtos e servizos culturais posta en marcha polo Goberno autonómico neste outono para incentivar o consumo e apoiar o sector.

Salientou a boa resposta deste tipo de establecementos á iniciativa, xa que do máis de medio milleiro de entidades e negocios culturais adheridos de toda Galicia, preto de 300 son librerías nas que se poden desfrutar os descontos do 50% que ofrece o bono. ecg