Santiago, Ponteceso e Mondoñedo ofrecen actividades de artesanía

É unha iniciativa promovida en España pola Escuela de Organización Industrial
Redacción ECG

Santiago. A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación participa esta semana na celebración dos Días Europeos da Artesanía a través de diferentes actividades. É unha iniciativa promovida en España pola Escuela de Organización Industrial (EOI) e pola súa área de promoción da artesanía, Fundesarte, no que a Xunta colabora A través da Fundación Artesanía de Galicia, patrocínanse diferentes actividades en Ponteceso, Mondoñedo e Santiagoa. Ata o domingo, no barrio dos Muíños, en Mondoñedo, están previstas diferentes actividades presenciais e online a cargo dos obradoiros de cantería de Fernando Vilariño (Punteiradas Viladepedra- Fernando Vilariño), o taller de serigrafía de Estudio Estampa, o obradoiro de monicreques Mircromina e o de cerámica Esquina Atlántica.

Na aldea do Couto (Ponteceso), a Fundación Eduardo Pondal organiza tres obradoiros dirixidos a familias relacionados coa estampación manual (9 de abril), a creación de cianotipias (10 de abril) e o papel marmolado (11 de abril). En Santiago, hoxe a xoieira Soledad Mato realizará unha demostración de 11.00 h a 14.00 h e o obradoiro de ebanistería Tres Oficios pola tarde, de 17l30 h a 20.30 h. Mañá: quenda do obradoiro de xoiería Brigantia Orfebres e Tejeluz, especializado en vidro. O sábado as demostracións serán do obradoiro de xoiería Noga Arts (11.00 h.) e o de restauración de mobles A Factoría Atelier (17.00 h). ECG