Segue a suma de esforzos para que a Ribeira Sacra sexa Patrimonio Mundial

A quinta edición do Foro Patrimonios Territorio afonda nos retos e nas oportunidades da zona
Turismo
Redacción ECG
O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez. Foto: ECG

Santiago. Con motivo da inauguración da quinta edición do Foro Territorios Patrimonio 2021- Ribeira Sacra, desde a Xunta de Galicia buscan un novo impulso para conseguir que a Ribeira Sacra sexa Patrimonio Mundial. Neste evento, que reúne ás voces máis interesantes en cuestiós como patrimonio, turismo sustentable e futuro vitivinícola, organízanse mesas redondas, conferencias e actividades que, nesta ocasión, se centran nos retos e oportunidades do territorio. Sumado a isto, a principal estratexia na que traballa o Goberno galego é acadar o máximo recoñecemento da Unesco como Patrimonio Mundial.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou este sábado na inauguración desta quinta edición onde repasou os plans do Goberno galego para impulsar a candidatura dunha comarca que é “un dos grandes tesouros que posúe Galicia”. “Son moitos os esforzos que temos levado a cabo para enxalzar este enclave e este traballo debe ser n orgullo para os concellos que forman este territorio e para toda Galicia”, subliñou. O obxectivo da Xunta, tal e como explicou Román Rodríguez, é intensificar o traballo para dar un novo impulso á candidatura mediante un proceso no que participarán novos perfís técnicos e estará implicada a maior cantidade posible de persoas que entendan “a transcendencia real deste enclave e saiban poñer en valor o seu significado”.

Sustentabilidade turística. Pola súa banda, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou o compromiso da Xunta coa calidade e a sustentabilidade turística, fíos conductores xunto coa seguridade do modelo futuro do turismo galego no que o a Administración autonómica traballa co sector no marco do Plan Director 2021-2023 Galicia Destino Seguro. Lembrou, ademais, que a Ribeira Sacra foi un dos beneficiarios dos Plans de Sustentabilidade aprobados polo Estado o ano pasado, que contou cun investimento da Xunta de 850.000 euros co obxectivo de posibilitar a creación de novos produtos e na consolidación da Ribeira Sacra como destino turístico.

Nava Castro invitou a turistas e peregrinos a descubrir a Ribeira Sacra neste Xacobeo 21-22, un turismo sustentado no monio cultural. ECG