Sobre os xudeos e a súa persecución

Libro
Carmen Ferreira

Hércules de Ediciones, no derradeiro trimestre do ano publicou unha nova obra da recoñecida escritora portuguesa Ilse Losa (Alemaña, 1933-Porto, 2006), Río sen ponte, traducida ao galego por Anxo Tarrío.

Río sen ponte, como ocorrera en O mundo en que vivín, está protagonizado por unha moza que, por mor da crise que pasou Alemaña, no período de entreguerras vese obrigada a deixar o país. Agora o destino é Londres na busca dun traballo que non responderá ao buscado, pero que a axudará a vivir nun lugar onde a persecución dos xudeus e de todos aqueles que non compartían a ideloxía do III Reich fose máis amable. O outro protagonista é a súa parella, unha relación que terá que interromperse pola situación política e económica do país e polos horrores que se cometeron contra os xudeus. Un discurso testemuñal moi ben escrito, “imparcial e xusto” como indica Ana Cristina Vasconcelos no “Limiar” da novela. m.fboo@udc.es