Soños á beiramar de dúas nenas lonxe do seu país

Libros
Marta Neira

Kalandraka Editora, na súa colección “demademora”, agasallounos con Soños á beiramar, de Rosa E. Gantes e Rafa Antón, un álbum que mestura sentimentos e emocións contidas. No relato textual e visual contanse as vivencias de Tainá e Luana, desde o intre en que a primeira sae da casa para xogar co seu papaventos, agasallo de aniversario, e recolle a súa amiga. As dúas divertíanse na praia ata que o papaventos voou e Luana insimismada, mirando o mar, lembra parte da súa vida. Preguntada pola amiga, falan de saudade e na reflexión esquecen que o papaventos voou. Botan de menos que non estea un dos avós para facer un novo e cantan unha canción do seu país de orixe. Os seus xogos prolónganse e teñen que voltar á casa levando consigo unha garrafa, que atoparan con mensaxe, e o papaventos para arranxar. Soñan con viaxar á súa terra. Así deixan nas persoas lectoras un conxunto de sentimentos a ter en conta.

marta.neira@usc.es