Unha iniciativa pioneira e moi estimulante

Libro
Carmen Ferreira

Damos a benvida á magnífica iniciativa do premio Asubío de Novela Infancia e Xuventude pola Inclusión, pois a literatura axuda a realizarse como persoa desde a nenez. Convocado pola Fundación María José Jove, co apoio da Xunta de Galicia, fainos lembrar a moza emprendedora, roubada na súa xuventude, tecendo alianzas coa editorial Hércules de Ediciones, que soubo ampliar a súa oferta á Literatura Infantil e Xuvenil.

Esta expansión, lévaa agora a acoller as creacións, que merezan o galardón, na súa colección Sen fronteiras. O tema, centro, marco, ambientación, como indicou a Presidenta da Fundación Felipa Jove, eixos das creacións de creadores de calquera nacionalidade, escritas en lingua galega ou castelá, de seguro animarán á unha implicación maior cos problemas de violencia e desalento que sofren a infancia e mocidade en risco de exclusión. A convocatoria está aberta ata o 30 de setembro.

m.fboo@udc.es