XIV Premio Internacional Compostela

Libro
Rocio García

Un novo álbum engrosa o prestixioso Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, galardón que en cada nova convocatoria conta cun alto nivel de participación, chegando nesta edición ata os 400 traballos dunha vintena de países. Nesta ocasión, recibiu o galardón o álbum Selva, da autora catalá Marina Gibert, unha metáfora da memoria que salienta pola orixinalidade e riqueza cromática para narrar o paseo dun neno por unha exuberante paisaxe cun final sorpresivo, cualidades destacadas polo xurado, conformado por Rebeca Luciani, Javier Serrano, Xosé Cobas, Lola Gallardo, Manuel Rodríguez, Rubén Prol e Beatriz Varela. Tamén quedou como finalista o álbum De papel, dos artistas mexicanos Claudia Novaro Malpica e Armando Fonseca; e recibiu unha mención especial La Nota, dos madrileños Daniel Montero e Pilar Serrano. Tres magníficos álbums que de seguro enriquecen a Literatura Infantil e Xuvenil actual.

rociopedreira@outlook.es.