‘Xornadas en igualdade’ a cargo dos Bolechas

Educación
El Correo Gallego
Cartel das actividades dos Bolechas en diferentes concellos

concienciación. Hoxe arranca no concello de Laxe a nova proposta dos Bolechas denominada Xornadas en igualdade. Trátase dunha ambiciosa xira que levará a mensaxe da igualdade e a prevención da violencia de xénero a seis municipios galegos. A actividade desenvólvese en dous días consecutivos: o primeiro son os Bolechas corpóreos os que se achegan ata cada localidade para saudar a cativada e o segundo son os monicreques os que, a través dunha función, achegarán a mensaxe da importancia que ten facermos un mundo máis xusto e igualitario, no que nenas e nenos teñan as mesmas oportunidades e dereitos. a acción múltiples iniciativas.

A xira Xornadas en igualdade empeza hoxe no concello de Laxe co pasacalles dos Bolechas corpóreos, que sairán ás 19.00 horas da Casa consistorial e irán ata a praza de Ramón Juega. O sábado 10 de outubro o salón de actos municipal acollerá a función Os Bolechas e o cavernícola ás 19.00 horas.

Pola súa banda, os Bolechas corpóreos estarán o sábado 10 de outubro en Chantada. A seguinte fin de semana as Xornadas en Igualdade chegarán a Taboadela.

Os días 24 e 25 de outubro, os Bolechas estarán no Val do Dubra. Despedirán o mes de outubro en Rodeiro. A última xornada será na Rúa, repartida nos días 7 e 8 de novembro. ECG