Aposta dende Carballo por unha economía máis solidaria

Emprendemento
Manuel Lavandeira
O alcalde, Evencio Ferrero, a técnica de Reas Galicia Helena Sanmamede e a técnica de Promoción Económica Paula Lema, na presentación do laboratorio. Foto: Concello de Carballo

Carballo. A capital de Bergantiños acollerá, do 18 de abril ao 27 de xuño, un laboratorio de emprendemento social e solidario, promovido polo Concello de Carballo, en colaboración coa Rede de Economía Alternativa e Solidaria.

Porase en marcha un taller formativo sobre o cooperativismo como fórmula empresarial e unha mostra de experiencias cooperativas (día 18, de 10.00 a 12.30 horas), e continuará cun obradoiro de innovación (día 26). En maio avaliaranse as sociedades laborais como fórmula empresarial, o papel das TIC na economía social e as finanzas éticas. E en xuño organizaranse dúas mostras de experiencias nos ámbitos do consumo e dos coidados. Serán no Fórum Carballo. M. L.