Bloquean ata setembro os bonos rebaixa Merc@mes

Tarxetas bono
Marcos Manteiga
Pepo Suevos e Fátima Pego no video para ensinar como usar o bono Merc@mes. Foto: CDA

A Maía. A concellería de Promoción Económica alerta de que a partir deste sábado, 1 de maio, quedan bloqueadas as tarxetas bono Merc@mes ata que comece a segunda fase da campaña que se desenvolverá do 1 de setembro ao 31 de outubro.

Deste xeito, remata a primeira fase da campaña que comezou o pasado 1 de marzo con 170 comercios adheridos. As 3.000 tarxetas-bono postas á venda esgotáronse xa a comezos do pasado mes de marzo. Esta iniciativa xerará un volume de negocio de 200.000 euros. A realización das compras con ditas tarxetas pódese realizar exclusivamente nestes dous períodos.

Trátase dunha tarxeta prepago a través da cal o Concello de Ames pon ao dispor das persoas beneficiarias unha axuda do 40 % do valor da mesma. Ditos bonos funcionan como unha tarxeta visa prepago, con banda magnética, sen chip nin PIN (anónimas). Ademais, estas tarxetas poderán ser utilizadas no futuro. m. manteiga