Camariñas reactiva o seu plan local de compostaxe

Reciclaxe
Manuel Lavandeira
Veciñas de Camariñas que participan no plan de compostaxe nos fogares. Foto: Concello de Camariñas

Camariñas. O Concello de Camariñas reafirma o seu compromiso pola mellora do medio ambiente este ano reanudando o prazo de inscrición de Camariñas Composta, a campaña municipal para fomentar a realización de compost nos fogares.

Na actualidade, máis de 150 familias integran unha iniciativa que ten por finalidade promover o coidado da contorna natural a través da redución das emisións de ozono e do emprego de fertilizantes nos cultivos. As persoas que o desexen poderán participar inscribíndose previamente na web municipal. Unha vez que o fagan recibirán de balde un composteiro e unha guía práctica de compostaxe, e poderán atopar apoio, información e intercambiar experiencias co grupo de compostadores que integran a rede de Camariñas. A ficha de inscrición e compromiso pode descargarse desde a web www.camarinas.net. Máis información na área de Desenvolvemento Local. M. L.