Cincuenta e seis queixerías exporán na feira de Arzúa, que recupera o festival

É do 4 ao 6 de marzo e o pregón corre a cargo da triatleta paralímpica Susana Rodríguez // Acolle a entrega dos Arzúans do 2021 e o concurso de petiscos
Festa
Sol Elvira
O alcalde, José Luis García, e a concelleira de Cultura, Aurora Varela, na presentación da festa. Foto: C. A.

Este xoves tivo lugar na queixería Verbas, ubicada na Granxa A Curiscada , en Arzúa, a presentación do programa completo da 47ª Festa do Queixo, que se celebra entre o 4 e o 6 de marzo no recinto feiral Terra do Queixo e contará coa participación de 56 queixeirías . Un acto que estivo presidido polo alcalde, José Luis García, e no que interviron, tamén, a concelleira de Cultura, Aurora Varela, e unha das socias da Granxa, Pilar Castro.

O alcalde fixo un repaso polo bo traballo feito na organización da feira e as dificultades atopadas pola pandemia. Máis alá da celebración en sí, García quixo resaltar que “o importante, máis que o feito en si, e a visibilización da reivindicación do rural”.

Explicó que a festa serán 3 días con 6 concertos vermú e queixo maquetón. No multiusos irá todo cunhas distancias porque moitos non caberían. Haberá 56 queixerías e 5 novas, de Lugo, Ourense, Zamora e dúas de Badajoz. O aforo adaptarase á normativa sanitaria, segundo puntualizou. O acceso ao recinto será controlado e gratuíto e para toda a programación haberá que ter entrada, que se pode coller no departamento de Cultura ou ben na taquilla.com.

O alcalde quixo facer unha mención especial aos Arzuáns do ano. Serán 6 e tres moi especiais, por ser colectivos tan relacionados con esta pandemia: os nenos e nenas do concello; persoal santiario do centro de saúde; a residencia San José; a atleta Carla Carrón; o xogador de fútbol sala Diego Quintela, e Xosé Zapata, premio Goya á mellor curta de animación.

Como antesala a inauguración da Feira do Queixo, o xoves, 3 de marzo, haberá un encontro sectorial de queixeirias e farán catas.

Xa o venres 4 catro abrirase a exposición de cartaces da última década da festa e farase un concurso de tapas petiscos, no que participan 20 establecementos locais. Será de 18.00 a 23.30 horas.

Este ano na Feira haberá un total de 68 postos dividos en tres zonas. Na A haberá unha selección de 10 postos de produtos artesanais e gourmet; a B (corredor central) será para as 12 queixerías con DOP Arzúa-Ulloa, e o resto de queixos das outras denominacións, e a C para 6 con certificado de Produtores Lácteos Tradicionais.

O sábado 5, ás 11.30 na carpa do campo da feira será o pregón, a cargo da atleta paralímpica Susana Rodríguez, e despois entrega dos Arzúans 2021 e o concerto do festival. A música para os máis peques será pola tarde, ás 18.00 horas. O domingo seguirá a exposición e o festival cos concertos e cun aforo máximo de 1.000 persoas.