Dolores Cortés traerá a moda de baño á Mostra do Encaixe camariñana

Artesanía
Manuel Lavandeira
Deseños de Dolores Cortés nunha edición anterior da Mostra do Encaixe. Foto: C. Camariñas

CAMARIÑAS. O primeiro nome da lista de confirmacións da alta costura de cara a Mostra do Encaixe Deputación da Coruña é o de Dolores Cortés, que presentará a súa colección de baño con puntillas no triséximo aniversario do evento do palillo. A deseñadora, que debutaba na Pasarela Gaudí de Barcelona 2002, participará por cuarta vez nun evento “tremendamente especial” para ela e no que presentará dous biquinis, dous bañadores e dous complementos, todas as pezas de color branco. “Estoy muy ilusionada de participar por cuarta vez en la Mostra de Camariñas porque es un evento que aúna tradición y vanguardia”, afirma a deseñadora valenciana, que adianta que traerá “unha peza con palabra de honor, outra con tirantes e coa confección do encaixe como elemento primixenio”.

Dolores Cortés formará parte da lista de grandes nomes da moda na trinta Mostra do Encaixe de Camariñas, que se celebrará do 8 ao 12 de outubro e que servirá de escaparate internacional tamén para os Noveis Deseñadores e para o mundo da artesanía, principal novidade desta edición. M. L.