Mozos con discapacidade expoñen en Boiro as súas creacións con materiais reciclados inspiradas no Camiño // Un taller complementa a mostra TEXTO S. S.

Expresividade artística con aire Xacobeo

Persoas con discapacidade
Suso Souto
EXPOSICIÓN. Digna Iglesias e José Ramón Romero charlando con Alfonso na apertura da exposición. Foto: S.S.

Con motivo do ano Xacobeo decidiuse fusionar o espírito ecolóxico e creativo, xurdindo esta exposición de obras sobre o Camiño de Santiago con elementos reciclados e reutilizables: “Utilizamos plásticos, madeira, cunchas... Pasámolo moi ben”, indicaba Martín Remeseiro, un dos artistas que participou na iniciativa.

A colección é moi variada e creativa e está composta por obras que van dende os símbolos do Camiño ata o concepto da universalidade do mesmo e as súas experiencias.

Está aberta ata o vindeiro día 25 deste mes. Asimesmo, paralelamente a esta mostra estanse levando a cabo uns obradoiros sobre o Camiño con material reciclado ou reutilizado. Esta actividade está dirixida a nenos e nenas de 14 a 16 anos. O obxectivo é seguir transmitindo o valor da reciclaxe. Impartirase un este xoves 22 de 11.00 a 13.00 horas no centro social, e o sábado 24 haberá outro no mesmo horario na Feira Eco-Lóxica da localidade.

Os interesados poden inscribirse enviando un correo electrónico ao enderezo hola@amicos.org.