SE EU FOSE ALCALDE ...

... “Habería máis frecuencia de buses”

José Maroñas, empregado de mantemento
Se eu fose alcalde
Alba Prada

Residente en Bertamiráns, casado, que tres cousas faría en favor dos veciños e veciñas?

O principal no que me centraría é en mellorar as comunicacións entre os dous grandes núcleos do concello, é dicir, entre O Milladoiro e Bertamiráns. Eu por exemplo son de Bertamiráns e traballo no Milladoiro e é bastante complicado se careces de coche particular. Tamén estaría ben ter en Ames un cine, o problema é que non teño claro si sería viable.

Que é o mellor de vivir no concello de Ames?

A tranquilidade. En Bertamiráns non hai ruído polas noites. Tamén que hai moitas zonas verdes para pasear, e servizos de todo tipo: centro médico, PAC, colexios... Asemade a min non me gusta vivir nunha cidade, son máis de pobos pequenos.

E o que peor leva?

No meu caso a mala comunicación que hai entre Milladoiro e Bertamiráns. Debería haber autobuses polo menos cada hora, ou nos momentos nos que a xente comeza a súa xornada laboral. Evitaría ter que moverse sempre en coche.