Os socialistas piden acabar cos recortes sanitarios na comarca de Bergantiños

Sanidade
Manuel Lavandeira
Sergio García, á dereita, e Llanos Castellanos, terceira, con respresentantes do PSdeG en Carballo. Foto: PSOE

Carballo. Llanos Castellanos, secretaria de Xustiza, Relacións Institucionais e Función Pública da Executiva do PSOE, visitou Carballo, onde, na compaña de representantes do PSdeG, lle solicitou á Xunta “reverter as políticas de recortes en Sanidade”.

Sergio García, coordinador en Bergantiños, calificou de “deixadez total” a situación na comarca. “Moitos concellos non teñen pediatra no verán e teñen que trasladarse a Carballo. Outros non contan con matrona no centro de saúde”. “A última desfeita foi obrigar aos nosos maiores a desprazarse a Carballo para vacinarse, cando a maioría non conducen”, engadiu. M. Lavandeira