Raiceiros abriu a exposición e celebrou os vinte anos de vida

Pódese visitar na nave da estación de Santa Cruz de Ribadulla // Nesta fin de semana celebráronse obradoiros, proxeccións, coloquios e o roteiro a Vilanova
Asociacionismo
Sol Elvira
Os paneis quedaron gravados nos teléfonos. Foto: A. R.

A nave da estación de Santa Cruz de Ribadulla, no municipio de Vedra, acolle desde a noite do venres a exposición dos 20 anos da Asociación Raiceiros, que ese mismo día celebrou o acto central do seu aniversario. Nese evento interviron os diferentes presidentes da entidade ao longo destas dúas décadas: Héctor Rodríguez, que é o actual presidente, e Gerardo Albela, primeiro presidente, e que o fixo por videoconferencia desde Cardiff, lugar da súa actual residencia. Tamén tomaron a palabra o segundo presidente, Henrique Neira, e a terceira, Sofía Riveiro. Pechou o acto o alcalde de Vedra, Carlos Martínez Carrillo. En todas as súas intervencións, os asistentes coincidiron na importancia da posta en valor do patrimonio.

Indicar que Raiceiros celebrou actividades ao longo de toda a fin de semana. En concreto o sábado celebrouse o obradoiro Ulla Naturalmente, faite vixía do Ulla, ao que seguiu un coloquio coas asociacións da ribeira do Ulla: Instituto de Estudos Ulloáns, Asociación Cultural Os Penoucos, Asociación Cultural A Pinguela de Bama e Asociación A Regionalista.

Xa onte, domingo, tivo lugar o roteiro de 5 quilómetros ata os muíños de Vilanova.