TURISMO. Este sábado comezan as viaxes en catamarán á illa de Sálvora con visitas guiadas // En xullo e agosto poderase percorrer a ría de Arousa con degustación de mexillóns a bordo // Ofrecen tamén os itinerarios xacobeos e Starlight TEXTO S. Souto Ribeira e A Pobra xa activan rutas entre as bateas e baixo as estrelas
Barbanza arrecende a mar. E, ás portas do verán, os catamaráns xa quentan motores ante a exitosa demanda que cada ano teñen as rutas náuticas pola ría de Arousa.
En Ribeira, este sábado 4 comezan as viaxes en catamarán á illa de Sálvora. A promotora destas actividades é a empresa Golfiño, en colaboración con Cruceros do Ulla-Turimares.
As saídas a Sálvora en xuño serán os días 4, 18 e 25, ás dez da mañá, dende o porto de Santa Uxía (na rampa que está fronte á nova terminal de autobuses).
Durarán catro horas e media e o prezo é de 25 € para adultos e de 10 € para nenos e nenas de 3 a 12 anos (é gratis para os menores de 3).
O prezo inclúe a viaxe de ida e volta con guías acreditados do Parque Nacional das Illas Altánticas e unha visita guiada á aldea de Sálvora e ó faro.
En xullo e agosto as rutas chegarán os mércores e os sábados pola mañá, e pola tarde poderase facer a Ruta do Mexillón. As saídas á illa de Sálvora serán dende o porto de Ribeira todos os mércores e sábados de de 10.00 a 14.30 horas, cos mesmos prezos que para o mes de xuño.
No tocante á Ruta do Mexillón, as saídas serán todos os mércores e sábados, de 17.30 a 18.30 horas, e custan 17 euros para adultos e nove para nenos e nenas de 3 a 12 anos, sendo gratis para os menores de 3.
A tarifa inclúe unha viaxe en catamarán pola ría de Arousa, visita guiada ás bateas e visión submarina das súas cordas de mexillón ou os fondos mariños, así como unha degustación a bordo de mexillóns ao vapor e viño da terra ou refresco.
As persoas interesadas en obter máis información ou en facer as inscricións poden dirixirse á caseta turística que Cruceros do Ulla ten na avenida do Malecón ou ás oficinas de Golfiño Xestión de Ocio, no lugar do Touro, así como chamar ó número de teléfono 623 482 754.
Pola súa banda, o Concello da Pobra do Caramiñal e a empresa Piratas de Nabia colaboran por cuarto ano consecutivo para ofertar sete travesías ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas e unha saída para coñecer a Ruta Xacobea do Mar da Arousa e río Ulla.
Trátase dun conxunto de viaxes en catamarán que reforzan a aposta por diversificar a oferta turística por parte da administración local de cara á época estival, cun calendario de actividades de lecer que se irá incrementando. As travesías náuticas inauguraranse o domingo 19 de xuño coa visita ás illas Cíes para, o día 25, dirixirse a Sálvora, na coñecida como Ruta Starlight.
Os destinos turísticos Starlight son lugares visitables que gozan de excelentes calidades para a contemplación dos ceos estrelados e que, ao estar protexidos da contaminación lumínica, son especialmente aptos para desenvolver neles actividades turísticas baseadas nese recurso natural.
No mes de xullo terá lugar a excursión á illa de Ons, o día 10, e regresarase á illa de Sálvora o día 17. Ademais, navegarase pola Ruta Xacobea do Mar da Arousa e río Ulla no Día de Galicia (25 de xullo).
As viaxes proseguirán no mes de agosto coa volta a Ons e Sálvora os días 14 e 28, respectivamente. E, finalmente, concluirán o once de setembro co retorno ás Cíes.
As reservas débense formalizar con antelación a través da páxina web www.piratasdenabia.com ou do teléfono 986 320 048. Habilítanse tamén tres canles para a resolución de dúbidas: a web www.apobra.gal/turismo e os números de teléfono 671 090 262 e 687 482 835. A empresa xestionará directamente a tramitación das autorizacións de entrada ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas.
delegribeira@elcorreogallego.es