SE EU FOSE ALCALDE ...

... “Trataría de arranxar as baldosas levantadas”

Jaime Mosquera, traballador medioambiental
Jaime Mosquera
Se eu fose alcalde
Alba Prada

Residente en O Milladoiro, casado e cunha filla, que tres cousas faría en favor da veciñanza?

O máis urxente sería arranxar as beirarrúas porque están as baldosas moi levantadas. É certo que algunhas están marcadas, pero xa levan así tempo e non acaban de solucionar o problema. Se me puxesen a min fancendo traballiños deses, acabaríamos antes. Tamén, polo que escoito, habería que acabar co problema do transporte público porque antes tiñamos bus cada quince minutos, e agora a xente quéixase de que non pasa á hora debida.

Que é o mellor de vivir no concello de Ames?

Para min é todo bo porque xa estou acostumado a vivir aquí, é a miña terra. Xa non lle vexo nada negativo.

E o que peor leva?

Nada, non teño nada que dicir máis alá dos problema das beirarrúas, que están vellas e coas baldosas levantadas. Son un perigo para todos os que imos a pé e deberían arranxalas canto antes. Levan moito tempo marcadas, pero non hai ningún avance.