Voluntarios e veciños de Corme recolleron o lixo da praia de A Ermida

Medio Ambiente
Manuel Lavandeira
Participantes na xornada de limpeza do areal pontecesán de A Ermida. Foto: C. de Ponteceso

Ponteceso. Voluntarios da comunidade LimpOcean, coa colaboración do Concello de Ponteceso, levaron a cabo a pasada fin de semana unha limpeza e recollida de todo tipo de residuos na Praia de A Ermida.

As e os participantes nesta actividade recolleron multitude de residuos: botellas de plástico, redes, vasos, caixas e un longo etcétera. Unha vez rematada a recollida dos residuos atopados, entre todos e co asesoramento dos membros de LimpOcean, clasificaron o lixo para que logo fose integrado na rede de reciclaxe do Concello de Ponteceso. Os promotores da iniciativa agradecen o labor de “todos os que participaron nesta actividade, así como aos veciños de Corme pola súa colaboración, que nos permite aportar o noso grao de area para o coidado do noso entorno e en especial dos mares e costas”. M. Lavandeira