Comesaña nega que Galicia sexa a autonomía que recibiu máis vacinas

Santiago e Ourense baixan ao nivel medio de restricións
COVID
Olga Vilar
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, á súa chegada á rolda de prensa este martes en Santiago. ANA VARELA / XUNTA

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, nega, logo do dito nos últimos días, que Galicia sexa a comunidade autónoma que recibiu máis vacinas ata o momento. “Galicia está no terceiro, cuarto ou quinto lugar”, sinalou. Pídelle claridade ao Goberno no reparto das anunciadas doses extra de Pfizer e denuncia que, polo de agora, non se saiban os criterios.