Antas: “Roberto (Baleato) di que son o mellor porque é meu amigo”

El mediocentro del Compostela no se ve imprescindible para el equilibrio del equipo // Ya prepara junto al grupo un duelo vital en casa contra el Leganés B
SD Compostela
Antonio Pais
Pablo Antas (i), Sonia Pena y Antonio Quinteiro, presidente del Compostela. Foto: B.F.

Pablo Antas, o su ausencia, confirmó el pasado domingo la importancia que tiene en el juego del Compostela. No viajó a Móstoles el mediocentro, y la SD sufrió la segunda derrota del curso. A Antas, que comentó su situación y la del equipo en Sonia Pena Peluquería (Rúa da Devesa), su patrocinador oficial y del Compos-Leganés B de este domingo en el Vero Boquete (12.00 horas), se le comentó que lo valoran mucho también compañeros como Roberto Baleato, que lo ve como “el mejor jugador del equipo” y que éste pierde equilibrio cuando él no juega.

Pablo se lo toma con humor y sapiencia: “Primeiro, el (Baleato) o di porque é meu amigo, seguro. E segundo, eu tampouco o vexo así. Hai moitos xogadores que poden dar ese perfil de equilibrio, non igual que o meu, porque cada un temos as nosas características, pero niso tanto Samu como Róber apórtanlle tamén ao equipo. Falando de Róber, o outro día xogou un moi bo partido e deunos esa situación de equilibrio no centro do campo. Pero son máis cousas, o equipo non é un só, cada un aportamos o que temos e cada fin de semana temos que xuntar aos once que mellor están para xogar e gañar”, apuntó.

MÓSTOLES. “A primeira parte foi moi boa, só concedemos un tiro de Carmona ao final. Xogamos moito tempo en campo rival, tivemos moitas situacións de centros, sobre todo polo lado de Parapar, balón parado e o equipo estaba ben. Xogas fóra, os equipos apertan, a través dese xogo directo fixéronnos dar uns pasos atrás e non fomos quen de gañar esas segundas xogadas para poder saír. Os rivais así vanse crecendo, embotéllanche e pasou algo así”.

LEGANÉS B. “Na primeira volta gustoume moito. Foi outro partido que perdemos dous puntos, cun xogador máis e minuto 88. Moi físico, moi dinámico, talento individual arriba, típico filial que adoita acabar ben as tempadas. Están arriba porque son un moi bo equipo, con espazos son moi perigosos. Nós temos gañas de gañar outra vez, sobre todo na casa”.

EMPATES. “Ás veces é mellor perder e gañar que empatar tres partidos. As igualadas dan dúas lecturas: que somos un equipo difícil de bater, pero que tamén nos costa sacar os partidos. Somos conscientes de que se non estamos ao cen por cen, cóstanos gañar, como a todos”.