O CSD baralla ‘anular’ o toque de queda para todo o deporte federado

Polideportivo
El Correo Gallego
Jose R. Lete Lasa. Foto: Xunta

Santiago. O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou onte na Plataforma Interterritorial do Grupo de Tareas de Impulso al Deporte (GTID) e as Comunidades Autónomas para a análise e posta en común do Real Decreto 926/2020, de 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma.

Nesta reunión, o CSD abordou a posibilidade de que o deporte federado non profesional poida ser asimilado ao deporte profesional de tal forma que podería contar con permiso de mobilidade e superar as franxas horarias establecidas -de 23.00 a 6.00 horas- nos desprazamentos esixidos pola propia práctica deportiva.

Ademais, Lete Lasa insistiu unha vez máis na necesidade de esclarecer os puntos que aínda non están pechados no protocolo para o regreso das competicións oficiais de ámbito estatal e carácter non profesional, elaborado polo CSD, nomeadamente no caso das probas de detección a realizar e o seu financiamento. ecg