Os ximnasios, incluídos nas axudas directas do segundo Plan de Rescate

Deporte
El Correo Gallego
José Ramón Lete e María Jesús Lorenzana. Foto: Xunta

Santiago. A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, reuníronse onte telematicamente con representantes da Plataforma galega pola educación física, actividade física e o deporte, aos que informaron dos novos sectores incluídos no segundo Plan de Rescate que a Xunta porá en marcha de inmediato, entre eles os ximnasios.

Antes, Lete Lasa mantivo outra frutífera reunión no marco do Foro de Reactivación do Deporte Galego, no que participaron a Asociación de Empresas Xestoras de Instalacións Deportivas de Galicia (AXIDEGA), a Asociación Profesional de Educadores Físicos, o Instituto Galego de Estatística e a Universidade de Vigo ademais de empresarios e patrocinadores. O IGE avaliará o peso do deporte na economía galega e xa se constituíu o Clúster da Industria do Deporte para aunar forzas. REDACCIÓN