Samu: “Temos que ser fortes no noso campo desde o minuto un”

No esconde el jugador del Compos que su equipo necesita ganar este sábado en San Lázaro al Real Avilés // Incide en que “nós temos que seguir na nosa liña”
SD Compostela
Antonio Pais
Desde la izquierda: Ramón Castro, David Dopazo, Samu Rodríguez y Miguel Fernández, con las camisetas y los carteles del partido con el patrocinio de A Rosaleda. Foto: SD

Cayó el Compostela el pasado domingo en el difícil campo del Navalcarnero (2-1), con lo que ya no quedan equipos invictos en el grupo 1 de la Segunda Federación. Samu, centrocampista de la SD, concede una parte de su análisis de la actualidad del equipo a analizar ese primer KO, pero no excesivo. El jugador ya está centrado en lo que viene, que es trascendente: el partido de este sábado (17.00 horas) en el Vero Boquete de San Lázaro frente al Real Avilés. “No noso campo temos que ser fortes desde o minuto un”, es su mensaje.

DERROTA. “Nós de antemán xa sabiamos que podía pasar, pasou agora ante un rival moi bo, no seu campo aínda non perdera nin lle meteran gol; perdemos e somos os primeiros autocríticos, pero é unha semana normal, dispostos a afrontar xa o partido do sábado coa mesma ilusión de sempre de gañar no noso campo que é o que necesitamos”.

GOL EN NAVALCARNERO. “Marcar o primeiro gol pero perder foi unha pena, a verdade. Fixemos o máis difícil cando encaixas sobre todo fóra da casa, que é igualar o partido moi rápido. E a pena foi que nos meteron tamén aos poucos minutos o segundo, que sempre che fai un pouco máis de dano”.

AVILÉS. “Ten moitos xogadores contrastados na categoría, coñecémolos, Rodri xa nos deu pinceladas, mañá (xoves) daranos máis. É un rival de entidade, está empatado a puntos co segundo e vai ser un rival complicado a pesar de que veña de perder 0-3”.

CAMPO. “Eles non van notar moita diferenza do seu campo ao noso, iso pódelles axudar, pero nós estamos moi acostumados a xogar no noso campo e temos que ser fortes nel desde o minuto 1, como fomos en anteriores partidos. Non lles vai condicionar tanto porque están afeitos a xogar nun campo coma San Lázaro, pero imos tratar de que lles sexa incómodo”.

CLAVES. “Nós temos que seguir na liña que imos, na que queremos ir e na idea que temos, que é ser un equipo protagonista, que presione alto, que aprete, que faga estar incómodo ao rival constantemente, e sobre todo que teña un ritmo alto de xogo. Na casa houbo moitos partidos que fomos quen de conseguilo, sobre todo a principios de tempada, e queremos recuperar esas boas sensacións”.

AL COMPLETO. “Cando máis estemos, máis competitividade hai nos adestramentos e incrementa o ritmo tamén nos partidos. Neste sentido, que haxa cambios nos partidos e cantos máis poidamos aportar, mellor: iso claramente vai axudar de cara aos partidos”.

PERSONAL. “Estou moi a gusto, este ano puiden empezar a pretempada ben, como me gusta, sen ningún tipo de molestias, e iso estase a notar. Por sorte, e por traballo tamén, o míster está confiando en min, pero non hai que baixar os brazos en ningún momento, en calquera momento pode haber cambios e o tema é poñerllo difícil para que non os haxa”.

SUMAR. “Eu desde que cheguei aquí considérome unha persoa de club, sempre aporto ao equipo estea donde estea, pero como dixen, se é desde o campo, moito mellor”.