Ya es oficial: Jota Peleteiro será el nuevo propietario de la SD Compostela

El club ha confirmado, a través de un comunicado, que el acuerdo con la empresa Rammalloc Sports S.L., cuyo único accionista es el futbolista de A Pobra, se cerrará en menos de una semana // En solo unos días se anunciará de forma oficial la venta de la entidad // A partir de ahí se abrirá un periodo de transición que finalizará con el nombramiento de la nueva junta directiva
Fútbol
Jacobo Táboas
Jota Peleteiro, en el centro, firmando en el libro de honor de la SD Compostela, acompañado de la actual Junta Directiva del club, el 29 de septiembre de 2021. Foto SD Compostela

La Sociedad Deportiva Compostela, a través de un comunicado, confirmando la noticia adelantada en exclusiva por EL CORREO GALLEGO en su edición de este jueves, ha anunciado este viernes que “está moi preto de pechar un acordo definitivo con Rammalloc Sports S.L. para ceder a xestión do club e que se produza o nomeamento dunha nova xunta directiva”. Asimismo, subrayan desde el club que “as partes agardan que, en menos dunha semana, se produza o acordo e se inicie un proceso de transición que finalizará co nomeamento dos novos directivos da entidade”.

“A mercantil Rammalloc Sports S.L. é unha empresa de promoción da actividade deportiva cuxo único socio ou accionista é José Ignacio Peleteiro Ramallo, futbolista por todos coñecido, compostelanista e que cumpre os requisitos anteriormente mencionados: é da terra e nin representa a ningún fondo de inversión nin nada ten que ver con ningunha axencia de representación. Jota leva tempo preocupándose e ocupándose do día a día do equipo da nosa cidade e está moi ilusionado co reto”, ha explicado la SD.

Desde la entidad que actualmente preside Antonio Quinteiro indican que “o club tomará esta decisión tras un profundo exercicio de reflexión e estudo, buscando o mellor para o Compos e estando seguros de que isto posibilitará unha mellora substancial na entidade, un progreso que permita alcanzar maiores cotas a nivel deportivo, económico e social. Estamos convencidos de que isto nos fará a todos recuperar a ilusión e que teremos un Compos moito máis grande”.

COMUNICADO ÍNTEGRO DE LA SD COMPOSTELA

“A Sociedade Deportiva Compostela quere aclarar diversas informacións aparecidas en varios medios de comunicación nos últimos días, así como clarificar tamén os diferentes rumores que circulan por multitude de foros estes últimos tempos.

En primeiro lugar, cabe destacar que o Compos non para. O club atópase actualmente liquidando todo o relativo á actual tempada, sen perder de vista a planificación da seguinte. Nos próximos días daranse a coñecer todas as novidades relativas aos traballos que a día de hoxe ocupan ao club, cumpriranse con todos aqueles compromisos pendentes da recente campaña e presentaranse as diferentes novidades para a próxima.

Por iso, o club quere trasladar tranquilidade a todos aqueles que nos viñeron arroupando durante as últimas tempadas: abonados, patrocinadores, colaboradores... pois a ilusión é a mesma de sempre. Só se traballa para mellorar ao Compos e tratar de que chegue o máis arriba posible.

Dito o anterior, o club quere recalcar que recibiu durante os últimos 8 anos non menos de 20 propostas de diferentes persoas físicas ou xurídicas para facerse cargo da xestión da entidade. Ningunha destas proposicións interesou, debido a que non cumprían cos requisitos que a xunta directiva tiña en mente. Neste sentido, dende o primeiro momento quíxose preservar a identidade do club, os seus valores e a súa imaxe.

A Sociedade Deportiva Compostela esixía dous requisitos básicos para aceptar propostas de xestión externas: a primeira, que tería que ser alguén de Santiago ou a súa comarca o que mostrase interese; e, en segundo lugar, que habería que evitar que fondos de inversión ou axencias de representación con intereses especulativos se fixesen cargo da entidade.

Chegados a este punto, a Sociedade Deportiva Compostela está en disposición de anunciar que está moi preto de pechar un acordo definitivo con Rammalloc Sports S.L. para ceder a xestión do club e que se produza o nomeamento dunha nova xunta directiva. As partes agardan que, en menos dunha semana, se produza o acordo e se inicie un proceso de transición que finalizará co nomeamento dos novos directivos da entidade.

A mercantil Rammalloc Sports S.L. é unha empresa de promoción da actividade deportiva cuxo único socio ou accionista é José Ignacio Peleteiro Ramallo, futbolista por todos coñecido, compostelanista e que cumpre os requisitos anteriormente mencionados: é da terra e nin representa a ningún fondo de inversión nin nada ten que ver con ningunha axencia de representación. Jota leva tempo preocupándose e ocupándose do día a día do equipo da nosa cidade e está moi ilusionado co reto.

O club tomará esta decisión tras un profundo exercicio de reflexión e estudo, buscando o mellor para o Compos e estando seguros de que isto posibilitará unha mellora substancial na entidade, un progreso que permita alcanzar maiores cotas a nivel deportivo, económico e social. Estamos convencidos de que isto nos fará a todos recuperar a ilusión e que teremos un Compos moito máis grande”.