Feijóo afirma que Galicia sae da pandemia “salvo a aparición de novas cepas”

As novas medidas entrarán en vigor ás 00.00 horas deste sábado
COVID
Olga Vilar
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nunha imaxe de onte. EFE/Javier Lizón

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comparece en rolda de prensa despois de que onte o comité clínico acordara o establecemento do nivel medio de restricións para os concellos de Oroso, Mos, Soutomaior, Viveiro e Xove. O resto dos municipios galegos sitúanse en nivel medio baixo. Deste xeito, ningún concello terá xa que cumprir as restricións de nivel máximo ou de nivel alto.