Adxudicadas por 112 millóns as obras da variante exterior do AVE en Ourense

Trátase dos dous primeiros tramos entre Taboadela e Seixalbo, que suman oito kilómetros dos dezaoito totais
AVE
Lorena Rey
PASO ADELANTE. El AVE del viaje inaugural en la estación de Ourense. Foto: F. Blanco

A variante da alta velocidade de Ourense, o último tramo pendente do novo acceso ferroviario central a Galicia camiña cara unha realidade. O Goberno ven de aprobar a adxudicación das obras por máis de 122 millós de euros para o acondicionamento da rede ferroviaria nos dous subtramosnos que se divide esta actuación: Taboadela-Túnel de Rante e Túnel de Rante-Conexión Seixalbo.

Todo parecía complicarse cando o último ministro de Fomento do Goberno de Rajoy, Íñigo de la Serna, fixo unhas declaracións que o Executivo autónomo non considerou oportunas e que facían referencia á variante de alta velocidad de Ourense cuestionando a construcción deste tramo ao asegurar que había que gastar “600 millones para ahorrar 4 minutos”. A pesar de que rematou rectificando, sempre estivo presente o temor a que Transportes se contentara coa adaptación á alta velocidade do tramo de vía única de 14 kilómetros entre Taboadela e Ourense. Estas sospeitas desapareceron recentemente cando o ministro José Luis Ábalos asegurou que xa estaba aprobado un dos proxectos da variante e que así podía salir xa a contratación.

Trala adxudicación por máis de 112 millóns de euros dos contratos para a construción de ambos tramos que suman case 8 quilómetros dos 18 de lonxitude da nova variante, o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones puxo en valor o compromiso do Goberno que supón un impulso importante para seguir avanzando na chegada da alta velocidade a Ourense. “Os feitos demostran que este Goberno cumpre o que promete e traballa para que a infraestrutura da variante exterior sexa unha realidade”, sinalou.

Miñones indicou que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, a través de Adif Alta Velocidade, adxudicou o tramo Taboadela-Túnel de Rante á UTE formada por Construcións Sánchez Domínguez Sando e Rover Infraestruturas por 83.443.980,59 euros (IVE incluído). Pola súa banda, o tramo Túnel de Rante-Conexión Seixalbo foi adxudicado a Rover Infraestruturas por 27.448.623,45 euros (IVE incluído).

Ambos os contratos comprenden a execución das obras de plataforma (infraestrutura) dos tramos, incluída a capa inferior de balasto, sendo obxecto doutros contratos posteriores a superestrutura (vía) e o resto das instalacións ferroviarias (electrificación, sinalización, comunicacións, etcétera).

Así mesmo, Adif Alta Velocidade adxudicou un contrato de consultoría e asistencia técnica para o control das obras do tramo Túnel de Rante-Conexión Seixalbo á UTE formada polas empresas Applus Norcontrol e Eptisa Servizos de Enxeñería por un valor de 1.573.000 euros (IVE incluído).

TRAMO TABOADELA-TÚNEL DE RANTE (5,6 km) Este tramo da Variante Exterior de Ourense discorre polos termos

municipais de Taboadela e San Cibrao das Viñas, na provincia de Ourense. O trazado dá continuidade á plataforma ferroviaria da Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia a partir de Taboadela, con deseño para dobre vía electrificada en ancho estándar (1.435 mm), en ancho de plataforma de 13,60 metros e entreeixe de 4,30 metros. O túnel de Rante é a obra máis importante do tramo. Trátase dun túnel monotubo para vía dobre, de 3.410 metros de lonxitude (o 60,9% do total do tramo) e 85 m2 de sección.

Dada a súa lonxitude prevense tres saídas intermedias de emerxencia mediante galerías transversais de 180, 449,5 e 322,4 metros, respectivamente, con saída directa ao exterior, permitindo a conexión das mesmas coa rede viaria existente e a disposición de áreas de socorro e rescate cunha superficie mínima de 500 m2.

tRAMO TÚNEL DE RANTE-CONEXIÓN SEIXALBO (2,26 km) Este tramo discorre polos termos municipais de San Cibrao das Viñas e Ourense e soluciona o paso da Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia pola zona periurbana da poboación de Seixalbo, aproveitando para iso o actual corredor ferroviario da liña Zamora-Ourense, dispoñendo a nova plataforma en paralelo á existente, na medida do posible, co fin de minimizar as necesidades de ocupación e a afección á contorna.

Entre outras melloras, a nova plataforma discorrerá por encima do túnel de Aspera (153,9 m de lonxitude), da liña convencional Zamora-Ourense. Para evitar afeccións efectuarase unha solución de reforzo por encima do devandito túnel sen afectar á súa sección.