Amelia Pérez, única candidata a dirixir o sindicato CCOO

Liderazgo
Santi Riveiro
Amelia Pérez, exsecretaria xeral de CC.OO. en Vigo e delegada sindical en Zara

Nova sorpresa no XII Consello Nacional de Comisións Obreiras que se celebra no hotel Oca Porta do Camiño en Compostela. Se o xoves o secretario xeral saínte, Ramón Sarmiento, anunciaba que non concurriría á elección que ten lugar nestes intres, deixando ao parecer paso libre á candidatura de Amelia Pérez, tamén de forma inesperada se anunciaba a última hora que Leila Piñeiro, de CCOO-Industria, lideraría unha lista competidora. Sen embargo, esta mesma mañán, a voceira da comisión electoral de CCOO, Emilia Lamas, confirmou que únicamente se presentou unha candidatura á secretaría xeral, a encabezada por Amelia Pérez.

No entanto, haberá dúas candidaturas tanto á comisión executiva nacional como á delegación galega para o Congreso Confederal de CCOO, encabezadas ambas por Amelia Pérez e Leial Piñeiro.

Todo isto acontece ante a mirada de Unai Sordo, o secretario xeral do sindicato a nivel estatal.