As exportacións galegas, co textil á cabeza, desplómanse por riba da media estatal
O impacto da pandemia do coronavirus nos mercados de exportación foi máis intenso en Galicia que no conxunto de España neste primeiro trimestre de 2020. Ista é a principal conclusión do analise dos expertos do Foro Económico de Galicia baixo a coordinación do economista Albino Prada sobre as exportacións galegas.
Nos dous primeiros meses do ano 2020 as exportacións galegas medraron a un ritmo do dobre do anotado polo conxunto de España, pero o impacto das medidas de confinamento e parálise de actividades nos mercados receptores no mes de marzo afectaron de xeito máis grave as exportacións galegas, mentres o resto de España anota retrocesos semellantes a media da UE ou da Eurozona.
O Baexga do primeiro trimestre 2020 amosa ademais unha asimetría canto ao impacto nos sectores referentes para a economía galega: directo e inmediato no sector da confección, e máis retardado en bens de consumo duradeiro como os da automoción. Un retardo que favoreceu un balanzo trimestral global que, aínda así, é peor para Galicia.
No que atinxe ao número de empresas exportadoras, a mellor evolución de Galicia neste trimestre permite recortar lixeiramente a enorme fenda que arrastramos neste indicador nos últimos dez anos. So o número de exportadores cara a Unión Europea ten un peor comportamento en Galicia que no conxunto de España.