Compromiso Ence coa Recuperación Verde na UE

Ecología
El Correo Gallego
Factoría de Ence en Lourizán

papel Como membro da Confederación de Industrias Papeleiras Europeas (CEPI), a empresa Ence, con factoría na ría de Pontevedra, subscribe e apoia decididamente a Alianza Europea para unha Recuperación Verde. Trátase dun compromiso conxunto para impulsar solucións ecolóxicas e sostibles na estratexia da UE para a recuperación tras a crise do coronavirus. O cambio climático e a defensa da biodiversidade, indica Ence, son os alicerces das políticas que esta alianza pretende promover e implantar no territorio comunitario. Os asinantes do manifesto comprométense a participar na loita e na vitoria destas dúas batallas simultáneas: a sanitaria e a climática. e.p.