Duplícanse as axudas para as familias numerosas

Consello da Xunta
Olga Vilar
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante a rolda de prensa posterior á reunión deste mércores do seu goberno. DAVID CABEZÓN

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comparece diante dos medios de comunicación a partir das 13.00 horas para dar conta dos acordos da reunión semanal do Consello. A xuntanza adiantouse a hoxe mércores porque o xefe do executivo galego acompañará mañá ao rei Felipe VI na apertura do I Congreso Xacobeo.