TÉRMICA Fin do bloqueo das Pontes cun acordo: “A loita valeu a pena”
Endesa favorecerá a contratación local dos camioneiros e dos servizos das auxiliares // Os transportistas acumulaban xa ano e medio sen ingresos Baixo unha intensa chuvia, os camións das Pontes volvían a percorrer este martes as estradas. O desbloqueo da térmica chegaba cando pasaban uns minutos das 11.00 da mañá. E atrás quedaban cinco xornadas de protestas, para buscar unha solución ante o que denunciaban como “un desmantelamento da central”. Endesa, transportistas e sindicatos das subcontratas chegaron ao seguinte acordo: favorecerase a contratación local de servizos e transportes, en beneficio dos conductores e das auxiliares. Esa contratación obedecerá a criterios de transición xusta. Ademáis, reanudaranse de inmediato as probas de biocombustión que a empresa paralizara o venres debido ás mobilizacións. E para as auxiliares elaborarase un listado de persoal afectado polo posible peche da térmica.
A cambio de todo iso, Endesa sacará das Pontes dúas bombas de recirculación de lechada que correspondían á nova desulfuradora dos grupos 3 e 4. Levará estes equipos a outra central da compañía, pero serán devoltos á planta galega en caso de ser necesitados. Unha vez logrado o acordo, o voceiro dos camioneiros recalcaba que “a loita valeu a pena”. Así o indicaba Cholo Bouza, mentras os veículos deixaban os dous accesos da térmica: “Mereceu a pena e ademáis por primeira vez estivemos todos xuntos (en alusión a comité de empresa de Endesa, auxiliares, transportistas e concello das Pontes)”. Mesmo engadiu que “se fixéramos isto antes, tamén lograríamos cousas antes”.
Admite Cholo Bouza que “tampouco tíñamos moito máis que pedir do que nos deron, o importante é que os afectados estivemos unidos”. Entre os logros destaca que “teñamos prioridade en facer o traballo que veña para Endesa ou para o porto exterior de Ferrol, e que a central reanude as probas de biocombustibles en dous ou tres días”. Ademáis, indica que “as bombas poderán volver á central térmica pontesa no caso de que funcionen as probas que se realizan cos biocombustibles”.
De todos modos, os transportistas reclaman as axudas prometidas tanto polo Ministerio para a Transición Ecolóxica como polo Igape (Xunta de Galicia). E recalcan que “a nosa loita non remata aquí, non pararemos agora coas administracións”. O concello pontés apoiou en todo o momento estas protestas. Na saída dos camioneiros estaba precisamente este martes a concelleira de Emprego e Industria, Ana Pena: “Estamos satisfeitos de que se chegara a un acordo e do compromiso de Endesa, as solicitudes dos transportistas eran importantes para eles porque levaban ano e medio co traballo paralizado debido a que non se movía carbón”.
A edil califica a situación destes conductores como “moi crítica”. E tamén celebra que se consensuara un listado de traballadores das auxiliares, “para que ninguén se quede fóra das opcións dentro da transición xusta”.
Baixo unha intensa chuvia, os camións das Pontes volvían a percorrer este martes as estradas. O desbloqueo da térmica chegaba cando pasaban uns minutos das 11.00 da mañá. E atrás quedaban cinco xornadas de protestas, para buscar unha solución ante o que denunciaban como “un desmantelamento da central”. Endesa, transportistas e sindicatos das subcontratas chegaron ao seguinte acordo: favorecerase a contratación local de servizos e transportes, en beneficio dos conductores e das auxiliares. Esa contratación obedecerá a criterios de transición xusta. Ademáis, reanudaranse de inmediato as probas de biocombustión que a empresa paralizara o venres debido ás mobilizacións. E para as auxiliares elaborarase un listado de persoal afectado polo posible peche da térmica.