Nas UCIs galegas mozos de 22, 25 e 32 anos

Adiántase unha semana a inoculación da segunda dose de AstraZeneca nos maiores de 60 anos que a teñen que recibir en breve.
COVID
Olga Vilar
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, durante a rolda de prensa deste mércores. CONCHI PAZ

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, comparece diante dos medios de comunicación para detallar os acordos do comité clínico de onte. Nel estableceuse o nivel medio de restricións para os concellos de Camariñas, Malpica de Bergantiños e Soutomaior. Os restantes municipios galegos permanecerán no nivel medio baixo. As medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 19 de xuño.