O Consello Economico e Social de Galicia únese aos de toda España nunha iniciativa de recuperación ante a COVID

Farán un diagnóstico de cara a consensuar a confección dun documento de propostas para a recuperación
Pandemia
El Correo Gallego
Na imaxe, un momento da reunión virtual na que aparece, arriba á esquerda, o responsable do organismo galego, Agustín Hernández

Os presidentes dos Consellos Económicos e Sociais mantiveron este martes unha xuntanza para analizar a posibilidade de elaborar un documento conxunto de propostas para a recuperación da actividade económica logo da COVID. Neste primeiro encontro preparatorio, o CES de España acordou a remisión dun índice de temas co obxecto da súa análise e posible ampliación. A proposta inicial é a elaboración dunha introducción co diagnóstico da situación económica e social a nivel nacional por parte do organismo en España para despois incorporar as distintas propostas consensuadas nos demais Consellos, segundo o índice de temas previamente acordado. A iniciativa foi ben valorada pola totalidade dos asistentes, a expensas da análise e aprobación por parte das organizacións presentes naas diferentes entidades. O obxectivo é contar cun documento de propostas ao longo do vindeiro verán.