INDUSTRIA

Protesta en Gamesa: só teñen carga de traballo ata o 20 de decembro

Nova protesta dos 300 operarios desta planta de palas para eólicos, ubicada nas Somozas
Industria
Patricia Hermida
Planta. Concentración este venres. Foto: Comité Gamesa

As Somozas. Nunha protesta celebrada este venres entre as 13.00 e as 17.00 horas, os trescentos traballadores da planta de palas para eólicos de Siemens Gamesa en As Somozas denunciaron que só teñen ocupación ata o 20 de decembro. Como lles confirmou a dirección, tanto as principais inversións como os novos modelos de palas están destinados á fábrica de Vaos en Portugal. E segundo recoñecen desde o comité de empresa, “unha das opcións baralladas para nós é o peche”.

Ademáis das mobilizacións xa iniciadas o pasado sábado, os operarios teñen por diante unha reunión no Parlamento galego o 4 de novembro. E traballan cos 17 alcaldes da comarca de Ferrolterra para emitir un comunicado de apoio ás súas reclamacións. Segundo Sergio López, presidente do comité de empresa, “temos unha incertidume moi grande e temos medo ao peche da planta”.

Recordan os representantes do persoal que “os nosos operarios axudaron a implantar fábricas polo resto do mundo como Brasil, México, China ou India”. Ademáis “nos din que non somos competitivos para exportar, cando Vestas en Ciudad Real e LM en Ponferrada exportan con portos a moitos quilómetros de distancia”. P. Hermida