Reabre o ocio nocturno e fin do teletraballo para os funcionarios

COVID
Olga Vilar
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 23/06/2021.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, este mércores, durante a súa comparecencia para informar das medidas acordadas polo comité clínico. EFE/Lavandeira jr.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comparece ante os medios de comunicación para detallar os acordos do comité clínico, reunido onte martes. Na xuntanza decidiuse establecer o nivel medio de restricións, a partir das 00.00 horas do sábado 26 de xuño, para os concellos de Castroverde, Camariñas, Malpica de Bergantiños, Cambre e Poio.