Sinalizados 600 km de estradas autonómicas de rutas ciclistas protexidas

Mobilidade
El Correo Gallego
Ruta ciclista protexida no Concello de Oleiros. Foto: ECG

MOBILIDADE. A Consellería de Infraestruturas vén de rematar os traballos de sinalización de rutas ciclistas protexidas en máis de 600 quilómetros de estradas autonómicas de Galicia.

Esta intervención, que se enmarca no Plan de Seguridade Viaria da Xunta, contou cun investimento superior aos 180.000 euros.

En total, actuouse en dez percorridos das estradas autonómicas das catro provincias, coa instalación de máis de unhas 300 sinais e paneis para que os condutores estean alerta da presenza dos ciclistas nas mesmas.

Na provincia da Coruña, instaláronse sinais en diversas rutas ao seu paso por concellos como Santiago, Ames, Brión, Noia, Porto do Son, Ribeira, Padrón, Arzúa, Oleiros, Betanzos ou Abegondo, entre outros.

En Lugo, sinalizáronse rutas nos municipios de Triacastela, Samos, Sarria, Paradela, Portomarín, Vilalba ou Xermade.

En Ourense, as actuacións acometéronse en varias vías autonómicas nos concellos de Ribadavia, Maceda, Castrelo de Miño, Toén, Barbadás, Ourense, Leiro, Cenlle ou O Carballiño.

E na provincia de Pontevedra, os sinais colocáronse en estradas de concellos como Poio, Sanxenxo, O Grove, O Porriño, Vigo, Baiona, Oia, O Rosal ou Tui. ECG