A Baña chama a participar nun certame fotográfico sobre a muller no medio rural

Fotografía
M.M.
Exemplo de cómo teñen que ser as imaxes, cunha muller e no medio rural ou natural da Baña. Foto: CDB

A Barcala. O Concello da Baña promove o I Concurso fotográfico Elas no outono 2022 para reivindicar o papel da muller e ofrecer unha visión diferente da figura feminina durante o outono no medio rural e natural sempre deste municipio barcalés.

O xurado seleccionará 12 fotografías que formarán parte do calendario 2023 do Concello e dunha exposición, que deben ter a muller como protagonista e non se teñan presentado a outro certame. Cada participante só poderá presentar unha imaxe dixital dun máximo de 6.000 píxeles no lado longo e 5 Mb de peso.

Hai que remitilas (a cultura@concellodabana.gal) antes antes das 15.00 horas do 3 de novembro, e as categorías son de 6 a 12 anos, de 12 a 17 e máis de 18. Premiarán con libros, e no asunto porá Concurso de fotografía Elas no outono 2022. No corpo do email, o nome da foto, lugar onde se tomou e o seudónimo e, nun documento adxunto, irán os datos de contacto. M.M.