A banda da loba, Leilía e Pelepau actuarán en Brión con entrada de balde

Programación musical
Marcos Manteiga
Compoñentes da Banda da Loba, que actúa o día 26 en Brión de balde, sempre previa reserva. Foto: Banda da Loba

O polideportivo do Concello de Brión acollerá na vindeira fin de semana unha intensa programación musical subvencionada pola Rede Cultural da Deputación da Coruña. Actuarán A banda da loba presentando A fábrica da Luz, o venres 26 de marzo ás 19 horas; Leilía co seu espectáculo CantarElas, o sábado 27 de Marzo ás 19h e Pelepau co novo disco Na beira, o domingo 28 de Marzo ás 19 horas. Todas as actuacións son con entrada de balde previa reserva (ata o día 24 ás 14.00 horas) no teléfono 981 50 99 08, e terá prioridade a veciñanza empadroada no Concello de Brión.