Amabul organiza unha xornada parra erradicar a Herba da Fortuna das ribeiras do río Ulla

Medio Ambiente
Alba Prada
Imaxe da xornada do pasado 29 de maio. Foto: Amabul

Vedra. A asociación medioambiental Amabul, de Vedra, organiza o vindeiro día 26 deste mes unha xornada de voluntariado dirixida a erradicar a Herba da Fortuna das ribeiras do río Ulla, no marco do proxecto Erradicadescantia. A cita está programada para ás 09.15 horas da mañá e terá lugar na Área Recreativa de Agronovo. Segundo sinalan dende a entidade poderá participar calquera persoa, indendentemente da idade, “con interese na contorna”.

Todos os que colaboren recibirán formación inicial sobre metodoloxías de eliminación e control de flora exótica invasora, estarán cubertos polos seguros correspondentes, recibirán as ferramentes necesarias para o labor ambiental e terán dereito a solicitar o certificado do seu labor voluntario.

Para participar hai que cumprimentar antes do 20 de xuño un formulario, ao que pode accederse a través da páxina web (amabul.org) con todos os datos. Para calquera dúbida, tamén pode enviarse un correo a accion@amabul.org. O pasado 29 de maio os voluntarios eliminaron no marco deste proxecto un total de 652,5 quilogramos da herba da fortuna nas ribeiras do Ulla. A.P.