Anotación para empresas amesás no bono Reactiva

Compras
Marcos Manteiga
Integrantes do grupos políticos de Ames, veciños e empresarios na presentación da campaña Reactiva Ames, que inclúe estes bonos. Foto: CDA

Ames. A concellaría de Promoción Económica amesá vén de poñer en marcha a campaña de tarxetas bono Reactiva Ames, a través da cal durante este exercicio 2021 poranse en circulación 3.000 tarxetas-bono para gastar nos establecementos amesáns. Esta iniciativa xerará un volume de negocio de 280.000 euros, e os comercios teñen ata o vindeiro día 31 deste mes para sumarse (na sede electrónica do Concello de Ames, cubrindo a solicitude que se atopa debaixo da sección de trámites en liña). Existen dous tipos de bonos: un polo que se pagarán 30 euros e se obterán 50 € para gastar, e outro que custará 60 euros e terá un valor á hora de realizar as compras de 100 €. Suliñar que a partir do 5 de febreiro comezarán a distribuírse os bonos entre os potenciais clientes dos establecementos adheridos, e que haberá unha segunda fase do 1 de setembro ata o 31 de outubro. A iniciativa está contemplada no Plan Reactiva Ames. m. manteiga