Anulan todas as galas de maxia na maior das urbes amesás

Espectáculos
Marcos Manteiga
Dani Polo, ilusionista e organizador do Festival de Maxia que chega a Ames na súa décimo quinta edición. Foto: DP

Ames. O XV Festival de Maxia de Ames comezaba onte coa Gala Máxica Galega na casa da cultura de Bertamiráns, localidade que centrará o programa, xa que a incidencia da covid-19 obrigou a suspender os espectáculos no Milladoiro. Hoxe venres terá lugar a Gala Infantil na que o Mago Paco presentará o seu espectáculo Hocus Pocus dirixido a público familiar a partir das 17.00 horas. E a ese auditorio, pero ás 21.00 horas, chegará tamén o espectáculo de hipnotismo de Jeff Toussaint.

Con respecto aos dous obradoiros de maxia e ás dúas funcións da Gala Máxica Internacional que se ían desenvolver o domingo 25 na maior urbe amesá, pasan á capital municipal. Esta iniciativa internacional inclúe catro funcións con Dani Polo, Manolo Costa e Mindanguillo, Maxime Minerbe, Dania Díaz e Miguel Muñoz. Desenvolveranse entre o sábado e o domingo, unha ás 17.00 horas e outra ás 20.00.

Este evento de ilusionismo congregará unha vez máis a importantes figuras da maxia galega, como Mago Teto, Mago Paco, Mago Rafa e Joshua Kennet e o propio Dani Polo, sen esquencer ao hipnotista Jeff Toussaint, o premiadísimo Maxime Minerve, Dania Diez, Miguel Muñoz, Manolo Costa e Mindanguillo. m.m.