Boqueixón anima aos mozos a escribir co seu certame Xosé Neira Vilas

Concurso de relatos
Alba Prada
Hai tres categorías para participar e tres premios en cada unha. Foto: Pexels

BOQUEIXÓN. O Concello de Boqueixón, en colaboración coa Fundación Xosé Neira Vilas e o CPIP Antonio Orza Couto, vén de convocar o VII Certame de Relatos Xosé Neira Vilas. O obxectivo desta iniciativa é “potenciar a lectura e a creatividade literaria entre escolares, ademais de fomentar valores como a liberdade, o respecto e a tolerancia”, sinalan fontes municipais. O concurso está dirixido a alumnos e alumnas da vila e dos centros educativos do municipio dende 3º de Primaria e para toda Secundaria. A admisión de traballos finalizará o vindeiro 16 de abril e deberanse entregar nas

instalacións da biblioteca municipal ou no CPIP Antonio Orza Couto. Establécense tres categorías: escolares de 3º e 4º de Educación Primaria; alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria, e estudantes de Secundaria. Hai 3 premios en cada unha. A.P.