Boqueixón reparte 900 composteiros entre os veciños que os soliciten

Medio Ambiente
Alba Prada
Imaxe do cartel informativo. Foto: C. Boqueixón

BOQUEIXÓN. O Concello de Boqueixón vén de iniciar unha nova campaña de con- cienciación medioambiental coa adquisición de 900 composteiros. Unha iniciativa que supuxo un investimento de preto de 60.000 euros e que conta co apoio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e do fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder). “Este proxecto vén a completar as dúas anteriores campañas de compostaxe doméstica e recollida selectiva que levamos a cabo dende o Concello en anos anteriores e que derivaron na entrega de 200 composteiros entre a veciñanza”, explica o alcalde, Manuel Fernández Munín. Todos os que desexen adquirir un deberán remitir o correspondente formulario (dispoñible na web municipal ) ao enderezo compostaxe@boqueixon.com antes do vindeiro 15 de maio. A.P.