Boqueixón saca o seu lado verde coa compostaxe

Medio Ambiente
Alba Prada
Imaxe dun composteiro. Foto: campogalego.es

Boqueixón. O Concello de Boqueixón lémbralle á veciñanza que hai ata o 15 de maio para solicitar os composteiros. Non hai máis que enviar un correo ao enderezo compostaxe@boqueixon.com. Esta é a primeira fase, e xa hai pedidos medio cento. Hai que recordar que o goberno local vén de pór en marcha unha campaña medioambiental coa adquisición dun total de 900 composteiros, grazas ao apoio da Consellería de Medio Ambiente.

O día que se faga a primeira entrega, os interesados recibirán unha formación e ademais o Concello porá en marcha un seguimento para cerciorarse de que todos realizan a compostaxe de forma correcta. A.P.