Boqueixón votará ata o 7 de marzo a mellor filloa

Filloa de Lestedo
Alba Prada
Verónica Pardo concursa con este prato chamado ‘Terra e Mar’ e que actualmente é un dos gañadores. Foto: V.P.

BOQUEIXÓN. A Asociación Cultural da Filloa de Lestedo, en colaboración co Concello de Boqueixón, conmemorou o pasado domingo a través do Facebook da festa a 38 edición da mesma. Non faltou un atranque virtual para espertar o espíritu entroideiro, e tamén se publicaron as máis de cincuenta fotografías do concurso Filloarte. Hai ata o día 7 de marzo para votar a imaxe favorita, e as tres con máis Gústame (hai algunha que xa acumulou máis de 600) levarán vales por valor de 200, 100 e 50 euros para investir no comercio local. A.P.