Brión acollerá un recital poético musical por Carvalho Calero o día 13

Letras Galegas
Marcos Manteiga
Carvalho Calero, primeiro pola esquerda, con Bibiano Osorio e Pousa Antelo. Autor :CG

a maía. A sala de exposicións municipal da casa da cultura de Brión acollerá un recital poético musical sobre a vida de Carvalho Calero o vindeiro 13 de novembro, ás 20.00 horas. Deste xeito, réndese homenaxe ao literato a quen se lle adicou o Día das Letras Galegas neste 2020. O acto consiste “nunha viaxe audiovisual pola vida e obra do autor, a cargo de Arraianos Producións e coa participación de Moisés Quintas e Aser Álvarez. Entre os últimos traballos de Arraianos figura precisamente unha curtametraxe de animación de tres minutos realizada grazas ao traballo creativo de Aldan Delgado Fernández e coa banda sonora orixinal de Quintas, sen esquecer un documental sobre o centenario da Revista Nós adicado a un dos máis activos colaboradores desa revista... precisamente o persoeiro agasallado nesta edición das Letras. m.m.