Carlos Casares e Marta Altés foron os autores máis lidos polos amesáns

Bibliotecas
El Correo Gallego
Imaxe da biblioteca de Bertamiráns, no Concello de Ames. Foto: C. Ames

AMES. Vento Ferido de Carlos Casares, na categoría de narrativa en galego para adultos, e Cinco minutiños máis de Marta Altés, na de narrativa infantil, foron os libros máis solicitados polos usuarios e usuarias da biblioteca municipal de Ames desde o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro de 2020. Ademais, no mesmo período, 229 adultos e 106 nenos e nenas solicitaron darse de alta neste servizo municipal. O persoal da biblioteca segue a realizar os habituais eventos de animación á lectura e cando as circunstancias sanitarias o requiren traspasa esas actividades á rede para que poidan ser desfrutadas por un número maior de persoas. Na actualidade, a biblioteca de Ames conta con 8.786 socios. Esta semana as instalacións están pechadas por obras e a sala de estudo do Milladoiro cubre as prazas que quedan dispoñibles. A.P.