Cinco veciños queixáronse polo WhatsAmes cada día

Servizos municipais
Marcos Manteiga
Foto de arquivo da queixa polo estado dun reservado para persoas con discapacidade. Foto: PDG

A Maía. En só seis meses de funcionamento, o servizo municipal WhatsAmes recibiu mensaxes de case un milleiro de persoas, o que supera os cinco usuarios por xornada, a través do número 606 71 41 63. Dende a súa posta en marcha no pasado mes de agosto, o WhatsAmes serve como liña directa de comunicación entre a veciñanza e o Concello de Ames, dando unha atención personalizada e intentando responder nun período de 24 horas dende que se reciben as consultas. Pódense trasladar pequenas incidencias ou problemas aos que é difícil chegar, polo que a contribución dos veciños e veciñas é chave para que o servizo funcione. Un dos momentos de maior afluencia de mensaxes durante estes cinco meses foi durante os problemas de subministro de auga no Milladoiro en setembro, e entre os temas máis requeridos están o das obras e servizos, o estado e a limpeza das beirarrúas, ou suxestións sobre melloras en camiños e estradas. M.M.